Hai días que nos lembran o bonito que é camiñar xuntos, compartir sorrisos e sentir que formamos parte de algo moi especial.
Grazas a todas as familias, ao alumnado, aos equipos educativos e a cada persoa que fixo posible a nosa Festa das Familias. Grazas pola vosa participación, pola vosa alegría e por axudarnos a construír lazos que van moito máis alá das nosas aulas.
Na Fundación Educativa Nites cremos que educar é tamén acompañar, compartir e medrar unidos, coa fe e o cariño como guía. Porque o noso cole é moito máis ca un lugar onde aprender: é un fogar que educa, acolle e une.
Quedamos con cada aperta, cada sorriso e cada momento compartido. Porque cando estamos xuntos, todo ten máis sentido!
Grazas por formar parte desta gran familia.
Vémonos na próxima!














|