Quantcast

Dende a Fundación Educativa NITES queremos convidar a todas as familias e a todas as persoas que forman parte da nosa comunidade educativa a compartir xuntos unha tarde moi especial: a Festa das Familias.

Os colexios de A Milagrosa, San Lorenzo, María Auxiliadora e a Escola Infantil Niño Jesús animámosvos a participar nunha xornada de encontro para gozar, compartir momentos e, sobre todo, crear e fortalecer lazos de irmandade entre todos os que formamos parte desta Fundación.

Somos moito máis que colexios: somos unha comunidade que camiña unida, que educa, que acompaña e que medra desde a fe, o amor, a alegría e o compromiso.

Que este encontro sexa unha oportunidade para celebrar o que nos une e dar grazas polo agasallo de formar parte dunha gran familia.

As nosas ANPAS están a colaborar cos nosos equipos na organización do evento. Grazas infinitas por tanto.

Agardámosvos a todos para compartir, gozar e celebrar xuntos!

Familia NITES, un fogar que educa!