A fundación cre en que a misión de educar corresponde de xeito singular á Igrexa “porque ten o deber de anunciar a todos os homes o camiño da salvación, de comunicar aos crentes a vida de Cristo e de axudalos con atención constante para que poidan acadar a plenitude desta vida» (Gravissimum Educationis, 3).
Ti
Brillas Resplandeces
NITES
Nites é unha palabra latina, a segunda persoa do singular do presente de indicativo do verbo brillar ou resplandecer: “ti brillas/resplandeces”.
É, así mesmo, a última palabra do Crismón de Quiroga, unha peza de mármore que se atopa depositada no Museo Diocesano da Catedral de Lugo, aínda que procede do pobo de Quiroga, e que dá testemuño da fe cristiá na Diocese de Lugo arredor do século V. A frase que contén é: “Aurum vile tibi est, argenti pondera cedant plus est, quod propria felicitate nites” (“o ouro é cousa vil para ti, non digamos a prata; é moito máis o que brillas pola túa propia felicidade”). Ao cabo, a educación trata disto, de buscar o brillo da persoa.









|