Quantcast

Punto Laranxa

O Punto Laranxa é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para previr e combater o acoso e o ciberacoso no ámbito educativo. O seu obxectivo é implicar a toda a comunidade educativa —alumnado, profesorado, familias e outros axentes— na construción dun contorno escolar seguro, respectuoso e libre de violencia.

A través deste recurso, desde a Fundación NITES queremos fomentar a participación e a colaboración de todo o noso alumnado, ofrecendo un sistema de comunicación que prioriza a confidencialidade e a protección de quen decide dar o paso de informar sobre unha situación de acoso.

O “Punto Laranxa” funciona como un canal confidencial mediante o cal o alumnado pode comunicar posibles casos de acoso ou ciberacoso, tanto se os está sufrindo directamente como se é testemuña destas situacións.

O sistema garante a privacidade e o anonimato da persoa que realiza a comunicación, facilitando así que se detecten e atendan estes casos con maior rapidez e eficacia.





    LOPD. FUNDACIÓN CENTRO DE ORIENTACIÓN FAMILIAR trata os seus datos co fin de xestionar a solicitude de información recibida, con base no interese lexítimo. Pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo no enderezo Ronda da Muralla, 43, 27001 - LUGO. Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade